Demasiado castigo o recibido polo Burela Pescados Rubén en Anaitasuna onde caeu derrotado por 5-2 ante o Magna Navarra. O duelo no feudo navarro non decepcionou desde o punto de vista do espectáculo e víronse goles de fermosa factura. En especial o empate (1-1) logrado por Matamoros que cun taconazo de costas a portería debuxou unha preciosa vaselina para bater a Asier.
O Burela Pescados Rubén foi mellor nun primeiro periodo no que os locais cederon media pista aos galegos para buscar o contragolpe. No primeiro despiste laranxa chegou o 1-0 logrado por Carlitos. A resposta chegou por mediación do killer laranxa, Matamoros, que arrincou a admiración dos afeccionados ao Fútbol Sala cunha obra de arte memorable. O empate propiciou o mellor momento dos bureleses que desarbolaron ao Magna Navarra pero pecaron de inxenuidade na definición, deixando escapar vivo a un conxunto local que tivo a fortuna do seu lado para marcar o 2-1 ao bordo do descanso, tras un remate de cabeza que golpea en Mimi e ante o que Alex non puido facer nada.
Na continuación, o tempraneiro gol de Carlitos (3-1), tras aproveitar un rexeite nunha falta ao bordo do área, supuxo un duro golpe na liña de flotación laranxa que caeu nas redes dos navarros. A raíz do 3-1, os mariñaos xogaron con máis corazón que cabeza e os pamplonicas castigaron cunha xogada de estratexia que definiu Carlitos, logrando o seu terceiro tanto da noite. Buscou a heroica o Burela con porteiro xogador pero unha perda foi aproveitada por Marc Tolrá para subir o 5-1 e Matamoros pechou o partido co 5-2 tras un zurdazo inapelable.
Ficha técnica
Magna Navarra: Asier, Marc Tolrá, Jesulito, Roberto Martil, Rafa Usín –cinco inicial- Víctor Arévalo, Iñigo, Dani Saldise, Carlitos.
Burela Pescados Rubén: Alex, Isi, Antoñito, David, Matamoros –cinco incial- Mimi, Iago Míguez, Hugo, Christian, Juanma.
Goles: 0-1, m.5, Carlitos; 1-1, m.14, Matamoros; 2-1, m.19, Mimi (p.p.); 3-1, m.23, Carlitos; 4-1, m.35, Carlitos; 5-1, m.37, Marc Tolrá; 5-2, m.39, Matamoros.
Árbitros: Gutiérrez Lumbreras, Lope Díaz.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 de Primeira División. Pavillón de Anaitasuna.
*Foto: Prensa Magna Navarra.