Ribadeo, 11 de decembro de 2013. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asistiu este mércores en Castropol á sinatura do protocolo de colaboración entre Asturias e Galicia para coordinar a xestión da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
O edil nacionalista considera que “este espazo verde dará novas oportunidades aos veciños de ámbolos dous territorios, todo elo dentro do desenvolvemento sostible. Será unha marca de calidade para toda a zona”.
Cupeiro engadiu que “desde o Concello de Ribadeo estamos ilusionados co desenvolvemento deste espazo natural e agardamos que a crise nos deixe sacalo adiante sen contratempos”.
Os encargados de asinar o protocolo foron o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta, Agustín Hernández, e a consejera de Agroganadería y Recursos Autóctonos do Principado de Asturias, María Jesús Álvarez”.