Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Deputación de Lugo sobre o proceso de enaxenación das accións das que é propietaria no Club Baloncesto Breogán

1.- A poxa é o procedemento esixido pola lexislación patrimonial para a venda das accións. A prioridade dos socios fundadores, accionistas e aboados pode exercerse igualando as ofertas presentadas, do contrario estaríase producindo unha utilización dos fondos públicos non permitida pola Lei. A Deputación procederá á supresión da referencia que se fai ó Consello Superior de Deportes, no relativo ó deposito do aval.

2.- A Deputación explicou publicamente e dende o primeiro momento o seu plan de saída do accionariado do Breogán, xa que a prioridade da institución non é ser propietaria de ningún club deportivo profesional.

3.- O Partido Popular, que forma parte do Consello de Administración do Breogán e foi quen provocou a situación actual á Deputación, tenta evitar a súa responsabilidade anterior e tamén a actual, ó non aclarar a súa postura política. O seu representante, o popular José María Arias, que tamén foi Deputado de Deportes durante o goberno do PP, nin tan sequera acudiu ás xuntanzas do Consello do Breogán. A pesares de ser responsable de que a Deputación sexa propietaria de accións do Breogán e da súa nefasta xestión cos resultados económicos todos coñecidos, a día de hoxe o PP non manifestou se está de acordo con que a Deputación deixe de ser propietaria do club e, moito menos, como debería ser o plan de saída do accionariado.

4.- A Deputación denuncia o uso partidista que o Partido Popular está a facer deste procedemento de enaxenación, no que o que menos lle preocupa son os interese dos Breogán, dos cidadáns e, moito menos, os da Deputación de Lugo.

Exit mobile version