Este sábado 14 de decembro a partir das 10 da noite o Hotel Canabal, en Burela, acolle unha cea baile solidaria en favor de Cáritas. O menú está composto de ameixas á mariñeira, pementos recheos de marisco, tenreira asada e sobremesas caseiras, con música e baile. O prezo da cea é de 25 euros por persoa, dos que 5 euros se donan directamente á obra de Cáritas. As reservas pódense facer ata o xoves no propio Hotel Canabal.