Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas retoman a competición cun derbi galego ante o Poio Pescamar

Despois do parón polo Torneo Mundial o Burela Pescados Rubén retoma a competición ligueira cun derbi galego ante o Poio Pescamar, correspondente á xornada 12 da Primeira División. O choque dispútase o sábado día 28, ás 18.30 horas en Vista Alegre. O Burela Pescados Rubén ocupa a terceira praza con 28 puntos; tres menos que o Alcorcón, segundo, que xa disputou o seu partido correspondente da duodécima xornada e a tres tamén do líder Atlético de Madrid que ten aprazado o seu encontro ante o Móstoles.

Tras practicamente un mes sen competir, exceptuando as internacionais; Lidia, Peque e Jozi, as pupilas de Quico Otero retoman o pulso da competición ante un rival “compricado que xa coñecemos polo duelo en Copa Galicia no que nos custou vencelas (1-3). É unha escuadra que sempre compite pero tiveron que adaptarse á categoría; ao ritmo e a competitividade. Agora son mellor equipo nese sentido” manifestou o técnico burelés que destaca do seu rival “a verticalidade, a pegada e as súas accións de estratexia. Debemos estar moi concentradas para non conceder ningún tipo de vantaxe”. En referencia ao seu equipo considera que o parón da liga “ten unha dobre lectura para nós. Por unha banda veunos moi ben xa que tiñamos a moitas xogadoras con molestias e foi tempo para descansar e recuperar. Pero tamén foi excesivo xa que é case un mes sen competir e veremos como nos enganchamos de novo ao ritmo de competición. O Poio é un rival que nos vai esixir ofrecer unha boa versión si queremos conquistar a vitoria”. Paula é baixa para o derbi e Patricia é dúbida ata última hora.

Exit mobile version