Site icon Crónica3.com A Mariña

As Espalladoras continúan coas Xornadas Teatrais dende o venres ata o domingo no pavillón de San Román

A AA.MM.RR As Espalladoras organizan as xornadas teatrais que xa comezaron esta fin de semana coas representacións do grupo A Adala (Fazouro) e O Bordelo (Cervo) no pavillón de San Román.

Coa colaboración do Concello de Cervo, a Área de Cultura de Deputación de Lugo e os voluntarios da Fundación Alcoa, as representacións continuarán desenvolvéndose ás 19.00 horas o vindeiro venres, sábado e domingo.

O venres 6 de decembro será a quenda do grupo Raiolas de Alfoz que achegará a peza ‘Ruídos na casa’ dirixidapor Luis Miguel Yañez. O sábado día 7, O Batán (Cangas de Foz) representará ‘Cambadelas’ e o domingo 8 Ardora (San Cibrao) porán enrriba do escenario ‘Xustiza de lei’, ambas de Francisco Piñeiro dirixidas por Mari Paz Rodríguez.

Exit mobile version