O director deste traballo Miguel García (Mondoñedo, 1984), explica que contou para este proxecto audiovisual, que se gravou na terceira semana de xullo de 2013, con 3 cámaras e 1 octocopter e no que participaron ademais preto de 25 persoas.
O documental que ten unha duración de 25 minutos, contén un apartado cunha duración de 5 minutos onde se amosan as mellores fotografías das 15 edicións celebradas ata agora.
García sinala que o obxectivo deste traballo “é resaltar o marco incomparable do Castelo de Pardo de Cela, por iso esta celebración é tan especial; porque tódolos visitantes poden trasladarse realmente ao medievo de 1480”.
Para o director mindoniense o Mercado Medieval de Alfoz “é fascinante tanto pola súa lenda como polo seu contorno, por iso é diferente”, insiste “ e toda esta maxia esta reflectida neste traballo”.
No documental aparecen tódolos elementos característicos desta celebración como a chegada do Mariscal, a revolta Irmandiña, as danzas medievais, vodas, misa, exhibición de tiro con arco, exhibición de aves e xogos ecuestres medievais, entre outros.