Ribadeo presenta o ciclo de proxeccións ‘Un ollo de vidro’que se inicia co vídeo documental A CHOCOLATEIRA (http://www.youtube.com/watch?v=uKIbi6hn5Yk), escrito e dirixido por Xosé Reigosa. A súa proxección terá lugar o xoves 12 de decembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo con entrada gratuíta. Trátase dun traballo audiovisual de 50 minutos arredor do tren de mineral, e tamén de pasaxeiros, da liña férrea que uniu Ribadeo e Vilaodrid e que formou parte da vida de varias xeracións desta parte da Mariña. O acto estará presentado polo director e teremos ocasión de observar a maqueta do tren que xenerosamente cedeu para esta ocasión a familia Sanxurxo.