Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo empate do Viveiro FSF ante o Pastoriza FSF

O Viveiro cedou outro novo empate nun partido que comezou dominando e tendo varias ocasións de gol que non chegaron a materializar, o que fixo que co paso dos minutos as xogadoras locais foran presa da ansiedade por marcar e perderan pouco a pouco o control do encontro, o que aproveitou o equipo visitante para adiantarse no marcador. Pouco antes do descanso o Viveiro acadaba o empate por medio de María.
O inicio da segunda metade foi parecido ao da primeira, pero nesta ocasión as locais atoparon porta e Nerea adiantaba as viveirenses.

A partir deste momento o protagonismo colleuno o colexiado, que xa na primeira metade non estivera moi atinado nas súas decisións, pero na reanudación deixou de sinalar claras faltas a favor das locais e co 2-1 no electrónico anulou un claro gol a Lis. Inmediatamente despois empataba o Pastoriza, que pouco despois se adiantaba no marcador nun claro erro de saída de presión das xogadoras locais.

A falla de dous minutos e nunha xogada de estratexia a saída dun saque de banda María acadaba o empate cun gran gol.

As visitantes aínda tiveron unha clara ocasión sobre a bocina que Diandra logrou deter nunha gran intervención.

Se ven non é un bo resultado, o punto acadado permítelle ao Viveiro seguir nos postos de arriba da clasificación con tan so unha derrota en sete partidos, pero cunha importante saída á cancha do líder, o Quiroga, na vindeira xornada, que será o próximo día 14, xa que o vindeiro fin de semana non haberá liga.

Ficha técnica
Viveiro: Diandra, Andrea, Nerea, Xiana y Marta. Tamén xogaron: Mery, María, Lorena, Lis e Rocío.

Pastoriza: Silvia, Sandra, Nera, Mirian e Rocío. Tamén xogou: Lidia.

Goles.: María (2) e Nerea, polo Viveiro F.S.F
Mirian, Lidia e Rocío polo Pastoriza

Exit mobile version