Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove conmemora o Día Internacional contra a violencia de xénero coa presentación do terceiro Plan Municipal para a Igualdade

A Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, xunto coa OMIX do Concello, organizan para o o luns 25 de novembro unha serie de actos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Nalgúns destes actos colabora a Asociación de Mulleres Bolboretas de Xove.

Dentro da ampla gama de actividades programadas, temos:

-PRESENTACIÓN DO “IIIº PLAN MUNICIPAL PARA IGUALDADE” de oportunidades entre mulleres e homes de Xove, que se vai desenvolver a partires das 18:00 horas na Sala de Comisións do Concello. Esta presentación vai dirixida a axentes sociais: concellerías, departamentos municipais, organismos e colectivos do Concello.

-Dende a páxina web do Concello (www.xove.es) vaise lanzar un MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, asinado polo alcalde Demetrio Salgueiro. Tamén se vai a preceder a colocación dun LAZO REIVINDICATIVO no balcón da Casa do Concello.

Xa na Praza do Centro Cívico e no Pavillón de Deportes anexo, a partires das 18:30 h. e aberto ao público en xeral, imos ter:
-IMPOSICIÓN DE LAZOS MORADOS a cargo da Asociación de Mulleres Bolboretas.
-LIBRO DE FIRMAS.- Estará a disposición dos asistentes para que poidan asinalo, e expresar a súa repulsa como testemuña social.
-PERFOMANCE POLA IGUALDADE.- Crearase un lazo humano en repulsa da violencia de xénero.

Exit mobile version