A Asociación Cultural Francisco Lanza organiza diversas actividades para este mes e o de decembro. Este xoves 21 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa das Letras, haberá reunión do club de Lectura para falar da obra de Gonzalo Moure ‘Eu matei de melancolía o pirata Francis Drake’. A OMIC acollerá a exposición ‘Estados de feito. Un tema tabú na política internacional’ sobre a que o analistas e investigador no IGADI, Roberto Mansilla, ofrecerá unha conferencia. Tamén se publicarán os Cadernos Ribadenses e un calendario da Agrupación para o 2014. Os socios interesados en facerse con algúns de xeito gratuíto, poden facerllo saber á directiva.