Site icon Crónica3.com A Mariña

Un axente forestal impartirá unha conferencia sobre axudas para plantacións forestais en Lourenzá

Lourenzá, 14 de outubro de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá mañá, martes, día 15 de outubro, ás 20 horas unha charla sobre axudas para plantacións forestais e especialmente para castiñeiros de froito.

O acto está organizado polo Concello e a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “un axente forestal impartirá unha conferencia na que nos informará sobre dúas liñas de subvención que hai neste momento abertas para a primeira forestación de terras non agrícolas, que tamén inclúe unha liña para castaños de froito. E outra segunda orde de axudas que é exclusiva para o castaño”.

A rexedora municipal engadiu que “a orde de axudas para a plantación do castiñeiro foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de outubro e a da primeira forestación de terras non agrícolas foi publicada no DOG do 17 de setembro. As plantacións para froitos subvencionadas poden facerse en terreos agrícolas, incluso de concentración parcelaria, sen solicitar o cambio de cultivo e seguen a ser compatibles coas axudas da PAC. Esta liña só está aberta para concellos de interior e parécenos moi interesante que un axente forestal do distrito de Viveiro se achegue ata aquí para que os nosos veciños sexan coñecedores destas dúas liñas de axuda”.

Exit mobile version