Cervo, 14 de outubro de 2013-Un total de 30 nenos e nenas de primaria participan nunha nova edición do taller de teatro infantil que pon en marcha a Concellería de Cultura. Unha cifra destacable tendo en conta que en anteriores ocasións a participación rondaba a decena de nenos. Deste xeito, agora triplícase o número de pequenos que se animan a aprender a interpretar en público unha peza teatral.
A edil desta área, Begoña Alonso, amosouse moi satisfeita polo incremento na participación polo que iso implica: “El taller de teatro infantil se va consolidando y cada vez son más los niños y niñas que ven en el teatro una forma de entretenimiento que además tiene múltiples ventajas para su desarrollo”.
Esta actividade arrincou o venres pasado e desenvolverase todos os venres de 16:30 a 17:30 h. agás os festivos e rematará o día 20 de decembro, cando terá lugar a representación dunha peza que ensaiarán durante as próximas sesións. Cabe destacar que as primeiras xornadas están centradas en axudar ao alumnado a perder a vergonza, o medo escénico e a interactuar cos seus compañeiros a través de diversos xogos para despois comezar a ensaiar a peza teatral que se exhibirá ante o público.
O taller de teatro infantil inclúese nos Pasatempos de Outono, o programa de actividades para os meses de outubro e novembro que comezou esta fin de semana.