Burela, 14 de outubro de 2013. Alumnos dos colexios Vista Alegre e Virxe do Carme inician esta semana a actividade de natación na piscina de San Cibrao coa axuda do Concello burelés, que costea o desprazamento en autobús dos nenos e nenas.
A concelleira de Educación, Mónica Pedre, explicou que “o Concello segue apoiando a conciliación da vida laboral e familiar das nais e pais de alumnos dos dous colexios, xa que a partir deste mércores os estudantes do Virxe do Carmen e dende o xoves os do Vista Alegre contarán cun autobús para acudir pola tarde á piscina de San Cibrao, no veciño concello de Cervo. Polo tanto cada un dos centros terá un día á semana durante o curso escolar a actividade de natación”
.
Mónica Pedre comentou que esta actividade engádese “a todas as deportivas e ás de Gaia que se realizan nos dous colexios de Burela de luns a xoves durante todo o curso escolar”.