Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés Faladora organiza a conferencia “U 966, 10 de novembro de 1943: submarinos alemáns en Galicia e unha historia de amor desesperado”

O 10 de novembro de 1943, o U966 “Gut Holz” (Buena Madera), ao mando do Oblt z S Ekkehard Wolf e cunha tripulación de 50 homes era afundido polo seu capitán dado o estado en que se atopaba a súa nave tralos ataques dos avións Liberator norteamericanos e checo.

Este combate desenvolveuse en augas de Galiza, concretamente nas proximidades dos cabos Ortegal e Estaca de Bares, a cuxas costas acolleronse os supervivientes (na loita faleceron 7 homes), sendo rescatados por barcos pesqueros dos pequenos pobos da zona: Bares e O Barqueiro.

Precisamente neste derradeiro a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, “Nordés” organiza un acto que vén facer memoria sobre o sucedido fai 70 anos, e que non só trouxo de novo a morte pola violencia do ser humano a este idílico lugar, que xa fora azoutada pola represión das tropas de Franco con preto de 30 asasinatos nos anos da Guerra Civil Española (1936-1939) malia non ser zona de guerra, e polo hundimiento dun pesquero polo submarino italiano “Marconi” en setembro de 1940, senón que tamén supuxo, anos despois, o matrimonio do fillo do capitán Wolf cunha muller de O Barqueiro.

O acto en cuestión consistirá nunha conferencia baixo o título “U 966, 10 de novembro de 1943: submarinos alemáns en Galicia e unha historia de amor desesperado”, a cal será impartida por Juan Carlos Salgado, filólogo, profesor e historiador militar, experto no tema en cuestión e que nas súas investigacións veu corrixir un erro que se recollía nas crónicas aliadas do sucedido nas proximidades do cabo Estaca de Bares, e que falaba da derriba dun avión aliado polos disparos procedentes do submarino, o cal non foi certo. Si o fué en cambio a derriba dun Sunderland Mk III por 3 Ju 88 R-2 procedentes de Francia que cortaron camiño voando sobre territorio español.

A mencionada conferencia terá lugar o sábado 9 de novembro ás 18:00 horas no salón de actos da Casa Consistorial do Concello de Mañón, ao cal pertence o pobo mariñeiro de O Barqueiro.

Exit mobile version