A situación Social de Galicia é absolutamente dramática para unha boa parte dos seus cidadáns: máis de 650.000 galegos e galegas viven a día de hoxe por baixo do limiar da pobreza, máis de 91.200 fogares galegos teñen a tódolos seus membros en idade de traballar no desemprego, menos da metade dos demandantes de emprego en Galicia (341.105 persoas) cobran a prestación ou o subsidio.
Son datos dunha políticas auspiciadas polos grandes oligopolios e o capital especulativo, seguidos automatamente polos gobernos e que demostran que o ‘turbocapitalismo’ amosou o seu rostro máis terrible.
Para Ecosocialistas non hai outro camiño que cuestionar de raíz as políticas económicas levadas adiante polos distintos gobernos da UE e afrontar un proceso de reconstrución do marco político e democrático sen o secuestro dos ‘mercados’.
Ademais Espazo Ecosocialista considera inmoral que as institucións diante desta situación pretendan quitarlle as persoas pobres e en risco de exclusión social os seus dereitos cidadáns para volver a tratalos como beneficiarios de esmolas e caridade.
A reforma da administración local en marcha pretende, non so recortar dereitos como se fai na sanidade ou no ensino, senón desmantelar os servizos sociais construídos nos últimos 30 anos.
A xunta de Galicia debe dar cumprimento do Pacto Galego contra a Pobreza e a adopción dun plan de emerxencia.