Achádego Teatro leva a Viveiro a peza ‘As alegres comadres’ o sábado 19 de outubro ás 20.30 horas. O Teatro Pastor Díaz acollerá esta representación, enmarcada dentro dos circuítos Buxiganga 2013, baseada nunha das máis divertidas comedias de William Shakespeare escrita e estreada arredor do ano 1600. Esta peza en cinco actos, foi un encargo da raíña Isabel I de Inglaterra desexosa de ver nun lance amoroso a sir John Falstaff -o Sancho Panza
inglés- o alegre, excesivo e vital protagonista de Enrique IV.