Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo fai pública a existencia de informes técnicos reflexan patoloxías e obras pendentes por executar que alcanzan máis dos 180.000 euros

Mondoñedo, 24 de setembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo fai pública a existencia de informes técnicos que avalan a existencia de deficiencias na execución da obra de reordenación dos espazos do entorno da catedral, Rúa da Fonte e Praza do Seminario. Esta documentación reflexa que as patoloxías detectadas na citada infraestrutura, xunto a obras pendentes de executar, alcanzan un importe total de 181.291, 08 euros.

Os populares explican que con data 18 de maio de 2012, redáctase un primeiro informe técnico emitido ao Concello de Mondoñedo no que se pon en coñecemento do alcalde que no mes de marzo de 2012, a empresa abandonou a obra, de forma unilateral, deixando traballos pendentes na execución das melloras, elementos de acabado e sinalización sen executar, así como defectos de execución nalgunhas unidades de obra que, transcorrido o tempo, materializáronse en patoloxías de certa envergadura.

Dende o Partido Popular de Mondoñedo informan que aínda que se requira o aval, que ascende a 38.832,44 euros; nesta obra pérdese a contía de 142.458,64 euros, dado que as obras pendentes de executar e as patoloxías detectadas, como explicaron os populares, suman un total de 181.291,08 euros.

Pregunta plenaria
Aos populares non lle constan accións contundentes por parte de Orlando González ata un ano despois de ter coñecemento das deficiencias que avala o informe de data 18 de maio de 2013. Neste senso, levouse o 30 de maio de 2013 á sesión plenaria unha proposta da alcaldía que se aprobou co obxecto de conceder ao contratista o prazo dun mes para que, seguindo as instrucións facilitadas polos técnicos, procedera a reparar as deficiencias observadas, así como á execución das melloras ofertadas que faltan por executar. Deste xeito, dende o Grupo Municipal formularán unha pregunta dirixida aos alcalde na que lle preguntarán por esta tardanza.

Asemade, os populares explican que esta única comunicación formal que lles consta se produciu logo de que os populares pedisen a constitución dunha comisión de investigación para analizar a situación que se estaba a dar en torno a obra do entorno do Seminario, da Catedral e da Rúa da Fonte.

O PP local lamenta a falta de implicación e de responsabilidade do equipo de goberno local, e considera que ademais de dar explicacións non só aos populares senón que tamén aos mindonienses, deberíanse asumir e depurar responsabilidades políticas.

Os populares fan estas declaracións tendo en conta que se trata dun investimento de 1,1 millóns de euros que no lugar de beneficiar á cidade, danou a imaxe que Mondoñedo está a proxectar aos turísticas e dificultou o día a día dos veciños.

Valoración dos danos e unidades pendentes de executar
Dunha maneira máis concreta, os populares explican que froito da mala execución na obra, producíronse certas patoloxías cuxo arranxo implica unha contía superior aos 15.000 euros; a maiores o contratista abandonou o proxecto deixando un volume de obra sen executar correspondente a unidades de obra catalogadas como melloras no contrato de adxudicación; e que suman un total de 110.874,76 euros. Contía que sumado aos 15.000 euros xunto ao outros gastos xerais e impostos , supón un total de 181.291,08 euros, tal e como explicaron dende o PP.

Os populares lembran que as melloras foron a principal razón que motivou a adxudicación da obra, desprazando a empresas locais, unha situación que lamentan dende o PP e que xa denunciaron en reiteradas ocasións.

Dentro deste grupo, segundo explican os populares, inclúense elementos de sinalización que quedaron pendentes de executar, a conexión eléctrica das instalacións legalizadas así como a realización do proxecto de legalización das mesmas.

Deficiencias no resultado da obra
Os populares lamentan, segundo recollen o propio informe técnico, que na citada obra deixáronse arquetas e elementos de pedra sen un rexuntado adecuado que, por un defectuoso asentamento, materializáronse en desprendementos de pedras e en algúns casos na rotura deixando inservibles certas zonas da rúa, co correspondente risco para persoas e vehículos.

O informe tamén recolle que as conexións das instalacións eléctricas deixáronse realizadas de forma provisional, sen a realización do conseguinte proxecto de legalización preceptivo, sendo ditas instalacións, polo seu carácter provisional, imposibles de legalizar.

A maiores, deixáronse elementos do mobiliario urbano sen a preceptiva sinalización, tales como bancos e similares, de forma que foron golpeados por vehículos e movidos do seu sitio.

Exit mobile version