Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Socialista de Foz leva ao Pleno convocado para este xoves unha moción instando á Xunta a un axeitado mantemento da estrada LU-152 no tramo entre Ferreiro do Valadouro ata Foz

En vista do estado actual que presenta a estrada LU-152 no tramo que vai de Ferreira do Valadouro a Foz, cuxas marxes se atopan cheas de maleza e arbustos sen cortar, en especial á altura da parroquia de Santa Cilla, dificultando a visibilidade para os vehículos en varios cruces; e cuxas beirarrúas, tanto na parroquia de San Acisclo coma na de Santa Cilla, se encontran tamén sen limpar e cheas de silvas; dende o Grupo Municipal Socialista de Foz consideramos necesario que a Xunta de Galicia proceda a realizar canto antes as accións necesarias para garantir un axeitado mantemento da citada vía.

Por iso, os socialistas presentan ante o Pleno da Corporación, cuxa sesión ordinaria terá lugar mañá, esta moción dirixida a instar á Xunta de Galicia para que, a través da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, ou do organismo, no seu caso, competente, proceda canto antes a realizar as actuacións necesarias para garantir un axeitado mantemento da estrada LU – 152, no tramo que vai dende Ferreira do Valadouro ata Foz.

Exit mobile version