Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal do PP de Ribadeo lamenta que “o alcalde rexeite a nosa propostas de acadar un consenso para dotar a praia das Catedrais e ao seu entorno dun plan estratéxico de usos e de xestión que garanta o seu desenvolvemento sostible

Primeiramente cumpre salientar que a preocupación do noso Grupo pola degradación da praia de As Catedrais e do seu entorno non é algo novo, proba diso é que este xa foi un tema que recollía o noso programa electoral, e que fpmos nós, o GM do PP, os que no mes de setembro de 2011, apenas catro meses despois das eleccións, presentamos no rexistro do Concello unha Moción instando da Corporación Municipal a adopción dun acordo para dotar a Praia e o seu entorno dun plan de usos e de xestión que garantira o equilibrio entre a protección do medio e o uso e disfrute polos cidadáns. Moción que, a pesares dos insistentes requirimentos do noso Grupo, segue no caixón dos ouvidos do Concello a espera de seres tramitada.

Fronte a estas actuacións concretas do noso Grupo, xa lonxanas no tempo, houbo que esperar preto de dous anos para que o noso Alcalde e o seu equipo de goberno se decataren de que “AS CATEDRAIS EXISTEN E PRECISAN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN URXENTE”… ben…, semellante preocupación sería benvida senón fora porque ven dun Alcalde que leva gobernando o Concello de Ribadeo os últimos dez anos, os catro primeiros en coalición con PSOE, os seguintes catro xa con maioría simple, e finalmente, os dous que levamos desta lexislatura con maioría absoluta ¿acaso entón non existían As Catedrais…? ¿acaso entón non precisaban de protección?… pois si, xa entón existían e xa entón necesitaban de protección, o que non existía era a necesidade dun Alcalde, que falto de resultados positivos que transmitir á cidadanía sobre a súa xestión ao fronte do goberno municipal, precisa acudir a verbas propagandísticas, demagóxicas e valeiras de contido…

Ante a teimuda insistencia do Alcalde de Ribadeo, reflectida un día si e outro tamén nos medios, de solicitar da Xunta de Galicia a declaración da Praia de As Catedrais e o seu entorno como Parque Natural como si fora esta a única vía para acadar unha solución que garanta o desenvolvemento sostible do medio e o seu entorno, dende o GM do PP lle propuxemos que, sen rexeitar a súa iniciativa, a deixara sobre a mesa, condicionando o seu debate a previa posta en coñecemento dos veciños e veciñas de cales son os inconvenientes e as vantaxes desta declaración… acaso ¿coñecen os veciños cal vai a ser a superficie de territorio incluída no Parque Natural? NON. ¿Informóuselles de cales son as propiedades que van quedar incluídas no Parque Natural e cales non? NON. ¿Saben cales son as repercusións para as súas propiedades? NON. ¿Explicóuselles cales van a ser os usos permitidos e cales non? NON. ¿Saben os veciños cuxas propiedades vense directamente afectadas si van a ser ou non indemnizados pola limitación dos usos..? NON. ¿ Coñecen os veciños cal vai a ser a repercusión económica para o Concello deste Procedemento? NON…

Exit mobile version