Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación comeza este xoves a formar gratis ás 50 PEMES e autónomos da Mariña co Reacciona coas TICs

A Deputación arranca este xoves na Mariña coa formación ás 50 PEMES e autónomos da zona, adheridos ó Reacciona cos TICS. Trátase do programa pioneiro en Galicia, mediante o cal o organismo provincial xa analizou as necesidades informáticas dun total de 150 entidades lucenses para, agora, formalas e dotalas das ferramentas tecnolóxicas necesarias, en impulso dos seus negocios. O Reacciona cos TICS está dotado de 200.000 euros de fondos europeos do Innova-TE.

Este xoves, dende as 15:30 horas ás 19:30 horas, a aula CeMIT, en Viveiro, será o escenario do taller sobre redes sociais e xeomarketing. O seguinte obradoiro abordará os códigos QR, e terá lugar o 1 de outubro, tamén no CeMIT, de 15:30 a 18:30.

Os obradoiros da Deputación facilitarán ós participantes atraer novos clientes atendendo ás novas tendencias de comunicación a través do móbil. E é que os empresarios aprenden como dar de alta o seu negocio en Google; coñecen a maior rede social asociada ó xeoposicionamento (Foursquare); ou aprenden a crear códigos QR, unha interesante ferramenta enfocada a vincular o mundo real co virtual. Cada vez son máis as empresas que ven en facebook unha oportunidade para chegar á súa clientela, pero poucas levan unha estratexia adecuada e exitosa. Tendo en conta isto, nos talleres os participantes aprenden a crear a súa propia páxina empresarial en facebook e sacarlle todo o partido posible, con trucos útiles e ferramentas sinxelas.

Exit mobile version