A escritora burelesa Sabela González estará presentando a súa obra Bágoa de Lúa nas Feiras do Libro de Viveiro e Foz. En Viveiro será o día 15 de agosto ás 20,30 horas, mentres que en Foz será o día 17 de agosto ás 21 horas. En ambolos dous actos, despois da presentación asinará exemplares do primeiro dos volumes da triloxía Crónicas de Landereira nas casetas da feira.