Site icon Crónica3.com A Mariña

Risoterapia e bailes de romería, dúas actividades do CIM de Burela en colaboración coa asociación Mujeres en Igualdad

Burela, 19 de agosto de 2013. A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Burela, a través do Centro de Información ás Mulleres e coa colaboración da Asociación Mujeres en Igualdad, realizará nos meses de outono e inverno dúas actividades gratuítas.

A primeira é un curso de bailes de romaría. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, explica que “os interesados que desexen inscribirse deberán achegarse ao Centro de Información ás Mulleres, sito na Casa do Concello, en horario de 7:45 a 14:00 horas desde hoxe, día 19, ao 30 de agosto. O curso comezará 6 de setembro e terá lugar todos os venres ata o mes de maio de 2014, en horario de 21:30 a 22:30 horas, na Aula de Familia da Casa da Cultura”.

Xa no mes de setembro, dende o 16 ao 27, poderá efectuarse a inscrición para a segunda actividade programada: un taller de risoterapia. As prazas son limitadas para vinte persoas, polo que os interesados deberán achegarse ao Centro de Información ás Mulleres, en horario de 7:45 a 15:15 horas, para inscribirse canto antes. Segundo sinala Durán, “o curso iniciarase o 3 de outubro e terá lugar todos os xoves dos meses de outubro, novembro e decembro de 2013, en horario de 20:30 a 22:00 horas na Aula de Familia da Casa da Cultura”.

A concelleira de Servizos Sociais anima a participar nestas actividades.

Exit mobile version