Mentres uns participaban na Festa do Marisco en Viveiro, outros no Mercado Medieval de Mondoñedo, e outros na Maruxaina de San Cibrao ou no San Lourenzo de Foz, Pasada das Cabras de Burela cumpría co seu programa de rutas anual facendo a ruta de San Estebo do Ermo en Barreiros. Esta ruta, de gran beleza paisaxística, conta tamén cun interese de lenda. Do primeiro destacamos a cascada existente ó lado da capela do santo, a fonte ferruxinosa -din que con propiedades curativas-, ó igual que a fonte no alto da cascada (fonte de Santa Rosa). Outro lugar destacado é o mirador de Penabor, dende o que se pode obter unha impresionante vista panorámica de toda a Mariña. En canto á lenda destacamos a pegada do cabalo de Santiago que existe on lugar, que óverse perseguido polos mouros, saltou a cascada deixando na pedra a pegada da ferradura do seu cabalo. En definitiva, unha ruta moi cercana, pero non por iso coñecida por todos, e que satisfixo a todos os participantes.