Atendendo a petición de dous senderistas de Madrid, Belén e Pablo, Pasada das Cabras de Burela organizou este domingo unha saída na que se desprazaron en tren ata O Vicedo para realizar a ruta da costa deste concello. Esta ruta, que percorre case toda a costa de O Vicedo e parte da de Viveiro, iníciase na praia de Area Grande de San Román e discorre pola costa pasando polo Mirador de Tixoso, a illa Coelleira e as preciosas praias de Xilloi e Caolín (onde existe unha antiga fábrica de salazón de pescado) para rematar no porto de O Vicedo. Unha ruta moi ben sinalizada e cunhas paisaxes realmente espectaculares.
