Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas bureleses volven a criticar o ‘autobombo’ do goberno popular

Dende o PSdG-PSOE de Burela temos que recordarlle ó equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela que se colle antes a un mentiroso que a un coxo. Dicimos isto pola nota de prensa feita pública onte polo equipo de “desgoberno” de Burela en relación á limpeza dos contedores do lixo como se fora unha cousa excepcional que se fagan as cousas que están estipuladas por contrato, o que é normal.

En primeiro lugar non podemos admitir que o equipo de “desgoberno” de Burela pretenda botarlle a culpa da súa mala xestión ós veciños e veciñas de Burela dicindo que son os propios veciños e veciñas os responsables dos cheiros dos cubos do lixo, isto é de unha desvergoña que roza o ridículo. Si os que din ser os responsables do Concello teñen constancia disto o que terán e que facer cumprir a ordenanza que regula isto, si é que son capaces, cousa que dubidamos. E o que si que nos parece un despropósito máis grande si cabe é o de botarlle a culpa ó calor, ¿acaso este equipo de “desgoberno” pensaba que no verán ía nevar e non pasaríamos dos 10 graos de temperatura?

En segundo lugar, no día de onte fixo un ano no que o equipo de “desgoberno” de Burela facía pública unha nota de resposta ás críticas que facíamos dende o PSdG-PSOE de Burela que se refería precisamente o lamentable estado de imaxe que ofrecía o noso pobo, e un dos puntos falaba dos cubos do lixo. Daquela a resposta do equipo de “desgoberno” de Burela era textualmente o seguinte: “segundo o estipulado no contrato asinado entre o Concello e a empresa, e tal e como se fixo sempre, incluso durante os anos do bipartito, os contedores limpáronse pasadas as festas de Burela e limparanse cando remate o verán, en setembro”. ¿Quere dicir o equipo de “desgoberno” de Burela que non se cumpriu o contrato asinado coa empresa concesionaria? Xa que despois das festas de Burela non se acometeu esa limpeza dos cubos do lixo. Por certo, outra mentira máis, o contrato que ten o Concello de Burela coa concesionaria ten as seguintes condicións: seis veces ó ano limpeza e baldeo de rúas e beiraruas, tres veces ó no limpeza de contedores do lixo, un operario dispoñible polas tardes e quince operarios fixos na plantilla a disposición do Concello.

As nosas preguntas son: ¿quen é o responsable de que non se faga cumprir o que figura no contrato coa empresa concesionaria? ¿acaso se trata de outro dos recortes de servizos ós que tan acostumados nos teñen dende o equipo de “desgoberno” de Burela?. Dende o PSdG-PSOE de Burela recomendámoslle ó equipo de “desgoberno” que se deixe de autobombo, porque cada vez que saen á prensa é para contar medias verdades ou mentiras directamente, moito nos tememos que dentro de pouco e ante a desesperación que se fai notar neste equipo de “desgoberno” farán unha noticia da asistencia do alcalde ó Concello como se fora unha grande noticia.

Confírmase unha vez máis que este é o peor equipo de goberno da historia de Burela sen ningún tipo de

Exit mobile version