Site icon Crónica3.com A Mariña

O rexedor local explica que Riotorto renuncia á residencia da terceira idade diante da negativa da Xunta a concertar prazas

O BNG de Riotorto quere facer unhas declaracións sobre as manifestacións do PP onde someten a valoración a xestión do goberno nacionalista neste concello poñendo en dúbida a xestión dos servizos sociais e da residencia da terceira idade.

Non deixa de resultarnos intolerable que unha forza política como o PP, que operou e opera como unha auténtica podadora do Sistema de Benestar se permita o luxo de darnos leccións sobre políticas sociais, aínda máis cando estas políticas fan referencia a unha residencia da terceira idade, posto que si as comarcas de Lugo non teñen máis prazas de residencia de terceira idade e pola negativa do PP a concertar prazas para posibilitar que os nosos veciños, coas rendas que teñen, poidan acceder a elas, pero tamén e sobre todo no caso de Riotorto, porque non tiñamos ningunha garantía, máis ben todo o contrario, da Consellería de Benestar e Traballo de que fosen a concertar ningunha praza na residencia de Riotorto. En definitiva si este goberno municipal renuncia á residencia da terceira idade é pola negativa da Xunta a concertar prazas máis o mesmo tempo queremos deixar claro que a porta está aberta a que si a señora Beatriz Mato concerta as 25 prazas necesarias tiraremos para diante co proxecto. Aclarémonos, si Riotorto queda unha vez máis sen un servizo básico e por culpa do Partido Popular.

O PP non pode esquecer que ten a súa historia. E cando menos entre 1983 e 2007 gobernou en Riotorto con estas siglas ou sucedáneos das mesmas e todos sabemos o que significaron eses preto de 25 anos para o noso concello. 25 anos de perda galopante de poboación. 25 anos de decisións arbitrarias con concentracións parcelarias realizadas sen ningún tipo de criterio técnico. 25 anos de perda de servizos públicos e servizos xerais. 25 anos no que viamos como quedabamos sen urxencias médicas e reducindo a oferta educativa.

Durante estes vintecinco anos descendendo de categoría á par que a desidia ou a vagancia ou o interese de quen nos gobernaba, o PP, repercutía no interese xeral, observábamos como o concello operaba como unha auténtica empresa para aqueles que facían parte da corporación, como o concello era utilizado para defender intereses particulares dos membros do goberno aínda que isto chocase co interese xeral, pensemos nas concentracións parcelarias, en que políticas de contratación se seguían para a maioría dos veciños e que política de contratación se seguían para quen hoxe nos fala de defensa do interese público. Aquí todos temos historia, nalgún caso chea de manchóns precisamente por parte daqueles que libran unha guerra sen cuartel contra o actual goberno co único interese de facerse co poder no concello para utilizalo en favor de intereses particulares como viñeron facendo os seus pais políticos.

Nós non temos medo da nosa historia, a historia do goberno dos nacionalistas está aquí para ver e para presentar, unha historia que se chama tanatorio público, feira dos ferreiros, recuperación das escolas das parroquias, rede dinamización veciñal, servizos básicos, axuda no fogar gratuíta, ximnasio municipal, etc, obras e actuacións que por certo lle custaron cero euros ós veciños de Riotorto na medida en que foron financiados por institucións alleas ao concello, fondos que foron xestionados por este goberno posto que a vagancia ou a capacidade de traballo dun goberno ai que mirala en función da capacidade de xestionar proxectos para o conxunto dos veciños do seu concello e no caso de Riotorto non hai dúbida de quen son os vagos á hora de defender o interese xeral e de quen son os traballadores á hora de defender o interese particular.

Exit mobile version