Site icon Crónica3.com A Mariña

O PizzBur Cidade de Viveiro comeza a pretempada

O conxunto viveirense iniciou este luns 19 de agosto os seus adestramentos de cara á temporada 2013/2014 na que tomará parte da categoría Autonómica Norte do Fútbol Sala galego.

O equipo dirixido outro ano máis por Manolo Calpita ten a base de anos anteriores e conta con varios xogadores a proba. En vindeiras datas confirmaranse as novas incorporacións ó equipo de Viveiro.

Exit mobile version