Ribadeo, 19 de agosto de 2013. Este luns da comezo nas instalacións de Pádel Club Ribadeo o Open de Pádel Grupo Adarsa Mercedes, no que participan 75 parellas asturianas e galegas.
O Open de Pádel Grupo Adarsa Mercedes xogarase durante toda esta semana nas seguintes categorías: primeira e segunda masculina, feminina e mixta, “e o sábado e o domingo disputaranse as semifinais e as finais”. Un total de 75 parellas danse cita neste Open, “o mellor torneo da provincia de Lugo, ata o momento, e no que reunimos a varios dos mellores padeleiros de Galicia e Asturias”, comentan desde a organización, “cubrimos todas as plazas moi rápido, hai parellas que se quedaron fora e que están como reservas. A convocatoria foi un auténtico éxito”.
En total hai 2.500 euros en premios en material deportivo para os tres primeiros clasificados en cada categoría, “garantizados mínimo dous partidos”. O sábado, 24 de agosto, os participantes no Open de Pádel Grupo Adarsa Mercedes disfrutarán dunha cea amenizada por un dj, na que degustarán unha exquisita paella.
Desde Pádel Club Ribadeo animan “a todos os amantes do pádel a achegarse estes días polas nosas instalacións a ver algún dos partidos que se van a disputar” e engaden que “ademais contamos cunha exposición de vehículos Mercedes no noso recinto”.