O Club Atletismo Ribadeo organiza a VI Carreira Popular Monte de Santa Cruz, o sábado 31 de agosto a partir das 16.30h. A distancia total da proba absoluta será de 8.500m, no Monte de Santa Cruz (Ribadeo).
INSCRIPCIONS:
a) INSCRICIÓN PARA NENOS: (80m e 1000m) poderá formalizar a inscrición no formulario da páxina web: www.atletismoribadeo.org.
B )INSCRICIÓN CARREIRA ABSOLUTA: (8.500m) a través da paxina web: www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición pecharase o xoves día 29 de agosto as 24 horas para todas as categorías.
PREZO da inscrición:
a) Inscrición nenos/as: GRATUITA.
b) Inscrición Carreira Absoluta:
-Propietarios Chip Amarelo Championchip: 5€.
-Corredores sen Chip amarelo Championchip os dereitos de inscrición + 1,00€ en concepto de aluguer do chip.
Pasando polo centro auditivo Widex de Ribadeo situada na Avda. de Galicia nº29 a inscrición é gratuíta para os maiores de 45 anos.
CATEGORIA DE NEN@S, a partir das 16.30 h
-CATEGORIA PITUFOS: (nados no 2008 e posteriores): 80 metros
-CATEGORIA PREBENXAMIN: ( 2006-2007): 350 metros
-CATEGORIA BENXAMIN: (2004-2005): 350 metros
-CATEGORIA ALEVIN : (2002-2003): 700 metros
-CATEGORIA INFANTIL: (2000-2001):900 metros
-CATEGORIA CADETE: (1998-1999): 1.000 metros
CATEGORIA ABSOLUTA, a partir das 17.30 h.
-CATEGORIA XUVENIL (1996-1997): 8.500 metros
-CATEGORIA SENIOR (1978-1995: 8.500 metros
-CATEGORIA VETERANOS A (1967-1977): 8.500 metros
-CATEGORIA VETERANOS B (1956-1966): 8.500 metros
-CATEGORIA VETERANOS C (1955 en diante): 8.500 metros
En todas as categorías haberá dúas clasificacións: homes e mulleres.
PREMIOS,TROFEOS E MEDALLAS
Entregaranse trofeos os tres primeiros clasificad@s da proba absoluta, e premios en metálico:
1º e 1ª: 100 euros+xamón
2ºe 2ª: 75 euros
3ºe 3ª: 50 euros
Os premios son acumulativos cos das categorías correspondentes.
– Categorías: entregaranse trofeos os tres primeiros clasificad@s de cada categoría.
Nas categorías de nenos os primeir@s clasificados levarán trofeo e agasallo. Entregarase una medalla a tod@s os nenos participantes.
-Trofeo para os tres primeiros equipos, puntuarán os cinco primeiros atletas de cada equipo, tendo que ser dous deles mulleres.
-Trofeo para primeir@ ribadense, nados no Concello de Ribadeo, acreditarase ca presentación do DNI no momento da entrega dos trofeos.
-Entregarase os que rematen a proba absoluta unha camiseta conmemorativa ata fin de existencias e o final teremos unhos pinchos para todos os que nos queiran acompañar e faremos un sorteo de agasallos entre a xente que remate a carreira.