Cervo, 20 de agosto de 2013.- A Concellería de Deportes informa de que no día de hoxe quedarán rematados os traballos de mellora do campo de fútbol municipal da Veiga que acomete o Concello de Cervo. En concreto, estase substituíndo o céspede natural das áreas das porterías, desgastado polo uso.
Unha actuación na que a administración local inviste uns 2.400 euros e coa que se pretende “acondicionar e manter en bo estado o campo de fútbol municipal, especialmente de cara ao comezo da nova temporada”, explica o edil de Deportes, Luís Guillén, que esta mañá se achegou ata o terreo de xogo xunto ao alcalde, Alfonso Villares e técnicos municipais para comprobar o avance dos traballos.
A previsión é de que durante o día de hoxe queden rematadas as tarefas de substitución da herba. A partir de entón e durante 12 días as áreas non se poderán utilizar polo que os adestramentos realizaranse sen ocupar estas zonas, aínda que o resto do campo seguirá dispoñible. Durante ese tempo realizaranse coidados diarios para asentar a herba e rematado este período procederase a cortar o céspede de todo o campo.