Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo Cultural Ollomao amplía o prazo do III Certame Fotográfico “Enfocando Barreiros“ ata o 30 de Setembro de 2013

O pasado 1 de Xullo foi convocada a III edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros” que organiza o C.C. Ollomao. Neste ano, de acordo á liña de traballo escollida polo colectivo para este 2013, a temática do concurso é: “O rural barreirense”. O prazo para a participación no concurso estaba aberta ata o 31 de Agosto, pero por decisión da Xunta Directiva, este foi ampliado ata o 30 de Setembro. Entre outras, unha das razóns que motivaron esta decisión está a dificultade meteorolóxica durante o mes de Xullo en Barreiros, que puido afectar á actividade do rural e por conseguinte, á realización de fotografías.

Neste certame establecense dúas categorías de participación: modalidade infantil, ata os 14 anos; e modalidade adulta. Na categoría infantil establécese un único premio, con premio dunha cámara fotográfica; e na categoría adulta, un primeiro premio de 250€ e un segundo de 150€. A participación neste concurso é a través de correo electrónico e baixo pseudónimo. Cada persoa poderá enviar ata 4 fotografías relacionadas coa temática desta edición ao enderezo electrónico colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Todas as persoas interesadas en participar deberán facelo de acordo ás bases do certame publicadas no blog do colectivo: http://www.blogoteca.com/ollomao/


Roteiros fotográficos.

Ollomao organizará durante o mes de Setembro e por segundo ano consecutivo, os “Roteiros Fotográficos”, actividade paralela ao certame fotográfico e que xurdiu coa intención de dar a coñecer a xeografía barreirense, á vez que fomentar a participación no certame fotográfico e o envío de fotografías de espazos menos coñecidos do concello. Dende o Colectivo Cultural Ollomao animan á participación tanto de persoas que gusten de facer camiñatas e amantes da natureza como aquelas que gusten da fotografía.

Exit mobile version