Os nenos e nenas da ocioteca do Concello de Burela visitaron na mañá deste martes a exposición Mergúllate no océano, que se pode ver na praza do Concello. Alí asistiron con moita atención ás explicacións que os monitores lles deron sobre a procedencia do peixe que comemos ou sobre as correntes mariñas. Mergúllate no océano poderá visitarse de xeito totalmente gratuíto entre as 11 da mañá e as 20:30 da tarde deste martes e tamén o mércores e o xoves.
‘Mergúllate no oceáno’ dende a Ocioteca
‘Mergúllate no oceáno’ dende a Ocioteca
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela