San Miguel de Reinante acolleu o VII Torneo de Basket 3×3 organizado pola Peña Barcelonista San Miguel o pasado sábado no que o equipo “Los Playeros” se proclamou gañador logo de impoñerse na final a “Los Álvaros” por un resultado de 6 a 4. Tanto “Los Playeros” coma “Los Álvaros” dominaran a primeira fase de liguiña gañando tódolos enfrontamentos e despregando un bo xogo. O terceiro posto foi para os lucenses “Gar Laser”, que se impuxeron no partido de 3º e 4º posto a “Tres amigos” por un resultado de 10 a 8 grazas ao seu dominio no tiro exterior. Ambos equipos cumpriran a fase de liguiña cunha soa derrota. En total participaron 15 equipos da zona e incluso de Lugo e Vegadeo. Disputouse en primeiro lugar unha fase de liguiña e posteriormente a final e o partido para o terceiro posto.
O torneo contou cunha maior participación que nas pasadas edición e estivo presidido polo bo basket e, sobre todo, por unha excelente deportividade entre os participantes. Na foto podemos ver ós 4 primeiros equipos e a membros da Peña Barcelonista San Miguel, organizadora do torneo.
