A Casa da Cultura do Vicedo acolle o II Open Tenis de Mesa nas categorías sénior e sub 18. Disputarase entre o 21 e o 23 de agosto en forma de liguiña en ambas categorías: o 21 disputarase a fase clasificatoria da categoría sub 18, o 22 a fase clasificatoria sénior e o 23 as fases finais de ambas categorías. O prezo da inscrición é de 3 euros e pode realizarse ata o 20 de agosto a través dos teléfono 982 590 195. Ademais, este martes 20 de agosto, ás dez da noite, proxectarase a película ‘Jhonny English Returns’ con entrada gratuita no Salón de Actos.
II Open Tenis de Mesa no Vicedo
II Open Tenis de Mesa no Vicedo
Relacionado
-
Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo
-
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
-
Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos