Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia e Medio Ambiente organizan no Portelo a actividade ‘Uso responsable das duchas no areal’

Burela, 21 de agosto de 2013. O próximo venres, día 23 de agosto, realizarase na praia do Portelo unha actividade denominada Uso responsable das duchas no areal. Está organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Burela, a través do centro de educación medioambiental Gaia.

Os nenos e nenas que acudan á actividade estarán acompañados das monitoras de Gaia, que lles darán algunhas recomendacións para reducir o consumo e crear unha concienciación colectiva sobre o aforro de auga e o coidado ambiental: “entre estes consellos, estará a prohibición do uso de produtos de aseo nas duchas e lavapés; o coidado e protección da auga, un ben escaso do que debemos facer un uso responsable; ou que as duchas non son un lugar para xogar”.

Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “o obxectivo desta iniciativa é reducir o consumo de auga, un recurso escaso e que en ningún caso se debe malgastar; concienciar á poboación sobre un correcto e adecuado uso da mesma e difundir entre os veciños e visitantes dos areais hábitos de coidado, respecto e protección ambiental”. Tamén sinalou que “os nenos cubrirán unha ficha indicando que accións contaminan a auga (C) e cales non contaminan (NC), como por exemplo: tirar o aceite usado polo desaugadoiro, usar xampús nas duchas dos areais, poñer na auga de fregar moitos deterxentes, usar deterxentes biodegradables, depositar o aceite de cociña usado nunha botella no colector correspondente, etcétera”.

Exit mobile version