O mércores 14 de agosto a partir das 20.00 horas no parque de San Francisco de Ribadeo haberá actividades para pequenos e maiores. Por unha banda, a posibilidade de fotografarse no photocall “máis glamuroso do noso idioma”; pero tamén a posibilidade de bailar ao ritmo de Pesdelán, que presenta un espectáculo de música e baile para pequenos e maiores baixo o nome de “Na punta do pé”.