As instalacións do hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro, acollerán o venres 23 e o sábado 24 a festa do percebe. Segundo explica a directora do Vila do Val, María Hermida, “a ración de percebe venderase a 10 euros e se va acompañada dunha botella de albariño o prezo será de 15 euros”. Ademais o sábado, 24 de agosto, ás 22 horas terá lugar un acto no hotel para celebrar o primeiro aniversario da Asociación de Mariscadores de A Mariña. Hermida anima “a mariñáns e visitantes a acehgarse ata aquí a saborear unha exquisita ración de percebes. É un bo momento para facelo”, conclúe.
Festa do Percebe no hotel Vila do Val
Festa do Percebe no hotel Vila do Val
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro