Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Bicicleta en Burela

A Concellería de Deportes do Concello de Burela organiza este mércores, 21 de agosto, o día da bicicleta 2013. Dará comezo ás sete da tarde na praia urbana, para ir pedaleando ata A Marosa e volta á praia urbana. Os interesados poderán inscribirse o mesmo día no lugar de saída 15 minutos antes do comezo da ruta. Desde a Concellería de Deportes convidan “a rapaces e maiores a desfrutar dunha tarde entre amigos ou en familia subidos ás súas bicicletas”.

Exit mobile version