Mañá, xoves 22 de agosto, ás 20.30 h, a Agrupación Culturas Francisco Lanza organiza un recital de poesía, adicada a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Será nas escaleiras do Parque de San Francisco e nel arredor de 15 persoas lerán ou recitarán poemas da nosa poeta nacional. Esta actividade, xunto con Palabras no Balcón, é o tributo que a Agrupación lle quere facer a Rosalía no seu ano e ao que convida a todos os ribadenses e visitantes.