Site icon Crónica3.com A Mariña

Baixada do Sor en kayaks

Dentro das actividades de natureza que organiza todos os veráns o Concello do Vicedo, o próximo mércores 14 de agosto ás 10h terá lugar a ruta de kayaks que baixará o Río Sor. O punto de encontro será o peirao do Vicedo ás 10h para subir en furgonetas da empresa de actividades Estaca ata Ribeiras do Sor para comezar alí a ruta. Ó longo da ruta pásase por lugares tan fermosos como as Pontes do Río Sor, Illa de S. Martín, Ría do Barqueiro, etc. A ruta rematará no peirao do Vicedo. Duración aproximada: 2 horas. O prezo da inscrición é de 15€ por persoa e poderanse formalizar na Casa da Cultura do Vicedo ou no teléfono 982 59 01 95.

Exit mobile version