Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao PP preocúpalle que o alcalde de Mondoñedo para vender a súa pouca xestión teña que causar prexuízos irreparables ás poucas empresas locais

Mondoñedo, 21 de agosto de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo manifesta a súa preocupación tralas declaracións postas de manifesto nos medios de comunicación polo alcalde, Orlando González, en relación a gasolineira do municipio.

En concreto, o PP local denuncia que o nacionalista para vender a súa pouca xestión, teña que causar prexuízos irreparables ás poucas empresas locais asentadas no municipio.

A formación popular entende e apoia que se fagan as xestións precisas para mellorar a calidade de vida dos mindonienses, pero lamenta que a ansia de protagonismo de Orlando González, supoña un dano para o empresariado local. Feito polo que os populares consideran que, o alcalde debería apartarse de dar a coñecer determinadas xestións que supoñen un dano para unha empresa local.

O Partido Popular de Mondoñedo aplaude calquera iniciativa que supoña mellorar a calidade de vida dos veciños, pero por agora, e segundo denuncian os populares, nesta xestión, -relativa á gasolineira local-, temos un resultado: “ darlle a peor publicidade á que non deixa de ser unha empresa local que dá de comer ás familias”

O PP lamenta que as declaracións de Orlando González provocasen que a Mariña hoxe pense que a gasolineira de Mondoñedo é a máis cara da comarca. Unha xestión que a esperas de que frutifique, polo de agora a súa posta en coñecemento vai en detrimento tanto da localidade como dunha empresa, sobre a que creou unha mala imaxe, mentres esta xera postos de traballo e chega a varias familias da localidade; ademais de tratarse dun servizo máis do que dispón o Concello de Mondoñedo.

Con esta actitude, os populares entenden que Orlando González pouco ou nada fai que lle permita vender o seu traballo de cara aos medios, ata verse obrigado a dar a coñecer unha xestión que a esperas de resultados, a súa posta en coñecemento dos veciños prexudica á localidade.

Así, os populares lamentan que Mondoñedo non teña alcalde e que a maiores non saiba medir as súas reaccións. De igual maneira, os populares pídenlle a Orlando González que mida con este mesmo criterio os impostos que pagan os mindonienses en comparación co dos mesmos concellos que el cita.

Exit mobile version