A Oficina de Información Xuvenil acolleu a inauguración da exposición “MAÑÁS ACTIVAS DE VERÁN” este luns ás 13.00 horas. Na mesma están expostos os traballos de manualidades (fofuchas e scrapbooking), fotografía e reciclaxe levados a cabo nos obradoiros do programa “Mañás activas de verán” durante os meses de xullo e agosto. A exposición vai estar aberta nunha sala da OMIX de Xove durante toda esta semana.
Na inauguración contouse coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de xuventude Ana Abad, acompañados polos rapaces/as participantes, así como os seus familiares, quen degustaron os pinchos elaborados por eles mesmos no taller de cociña sa.
O programa “Mañás activas de verán” contou coa participación de 32 rapaces/as de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, e de 5 voluntarias, subvencionadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que colaboraron na realización das diferentes actividades, prestando especial atención aos menores que o precisaron.