Site icon Crónica3.com A Mariña

Violencia de xénero e seguros marítimos, na UNED de Viveiro

A UNED de Viveiro impartirá a través de videoconferencia a semana do 10 o 14 de xuño e en horario de 16:00 a 18:00 horas o curso “Medidas contra la violencia de género en el ámbito internacional, estatal, autonómico y local. Planes, programas y proyectos”, dirixido a alumnos e profesionais de Dereito e Traballo Social ou outros profesionais que polo seu traballo necesitan ter coñecementos sobre o tema; así coma á poboación en xeral interesada no tema. O día 14, de 16:00 a 21:00 h e o día 15 de 09:00 a 14:00 h impartirase presencialmente outro sobre “Seguro marítimo: especial referencia al ámbito pesquero”, dirixido a alumnos de Dereito, Naútica, Económicas, profesionais que garden relación con seguros, transporte, etc. Máis información na secretaría da Uned (Claustros de San Francisco, no teléfono 982 56 36 01, a través do mail: viveiro@lugo.uned.es ou na web www.extensionuned.es.

Exit mobile version