Cupeiro sinalou que “un ano máis as praias de As Catedrais e Os Catros-Illas contan con este galardón que é a Q de calidade turística. Estes areais foron avaliados polo ICTE (Instituto de Calidade Turística Española). Estes recoñecementos acaba de entregalos no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo o seu titular, José Manuel Soria”.
Tamén recibiu a Q de calidade turística o Real Club Náutico de Ribadeo.
O concelleiro de Medio Ambiente engadiu que “tamén se nos entregou outro galardón neste caso no Ministerio de Sanidade e Consumo, que son bandeiras verdes aos municipios responsables co medio ambiente. Recibímola en tres conceptos: residuos, limpeza viaria, parques e xardíns; compromiso ambiental e tamén educación ambiental. Desde o goberno local o que queremos é dar a noraboa aos veciños por este galardón e animalos a continuar pola senda desta mellora continua que levamos adiante desde Ribadeo”.