Coa ofrenda floral aos náufragos de Burela remataron as festas patronais deste 2013. A este acto asistiron o alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros do equipo de goberno: Diana Durán, Manuel Fernández Valle e José Casas. Tamén acudiron a renderlle unha sentida homenaxe ás persoas que perderon as súas vidas no mar o patrón maior da confraría de pescadores de Burela, o presidente de Armadores de Burela, o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e o capitán marítimo de Burela. A vila viviu as súas festas en honor da Virxe do Carmen e de San Xoán Bautista desde o pasado 23 de maio. A fin de semana grande foi a que acaba de pasar, coa confección das alfombras florais, coas procesións… Foron ducias de actividades culturais, deportivas e musicais as que se desenvolveron ao longo destes días en Burela.
