Varias parroquias viveirenses levan a cabo celebracóns parroquiais da Octava do Corpus Christi. Na parroquia de Santiago, na mañá do domingoseguinte ó do Corpus Christi celebrarase a procesión dita procesión unha vez finalizada a Eucaristía na igrexa de San Francisco onde sairá a custodia co Santísimo, baixo palio, o Estandarte e a Bandeira da Adoración nocturna de Viveiro, os nenos vestidos de Primeira Comunión acompañados dos fieis que percorrerán o Barrio da Pescadería sobre tapices florais elaborados con base de espadana, fiuncho e pétalos de flores recollidos en Xunqueira por tradición. E, na parroquia de Santa María do Campo, a procesión desenvolverase pola tarde tomando saída unha vez finalizada a Eucaristía percorrendo as rúas de Vilar Ponte, Luís Trelles, Rosalía de Castro e Avenida de Lourdes para finalizar na igrexa de Santa María.