Vista a resposta que dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela se deu á nosa denuncia de irregularidades no uso dos cartos públicos dos veciños e veciñas de Burela, temos que aclarar e rebater certos aspectos da “aclaración” que deu o Sr. Alcalde de Burela no seu afán por, unha vez máis, enganar os veciños e veciñas de Burela. A táctica deste señor de confundir, desviar a atención, terxiversar e mentir, moito nos tememos que de pouco lle vai valer ante os veciños e veciñas, e entendemos este bordo intento por xustificar o inxustificable non fai máis que agrandar a fama de mentireiro e “trilero” que xa ten.
Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos aclarar:
1º.- O PSdG-PSOE de Burela non minte xa que temos toda a documentación que pode verificar que o que nos denunciamos é tal e como o contamos, como facemos sempre.
2º.- Sabemos perfectamente que existe o informe de Secretaría ó que se refire o Sr Alcalde, faltaría máis cando ese informe foi solicitado polo Grupo Municipal Socialista. O tema é que non hai un, hai dous informes, un con fecha 26 de marzo, que posteriormente houbo que rectificar porque non coincidían as cantidades que figuraban en dito informe cós datos que figuraban nos decretos, o que fixo que houbera que solicitar outro que se entregou con fecha 25 de abril, ó estarse facendo unha contabilidade de dito negocio unha parte polo seu nome comercial e outra polo nome da titular do negocio. O primeiro informe era por unha cantidade de 16.348,20 euros, e o definitivo que reflexa a cantidade de 18.306,44 euros. ¿Supoñemos que o Sr Barcia terá coñecemento disto?.
3º.-A denuncia que vimos de facer pública dende o PSdG-PSOE de Burela non ten absolutamente nada que ver con eses informes ós que nos referimos, o Sr. Barcia tenta unha vez máis desviar a atención. Pero si que é verdade que se pediron estes informes ante as sospeitas de que se estaban a cometer irregularidades con respecto a estes contratos de suministro, xa vimos denunciando as prácticas escuras e pouco claras que se están a utilizar dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela tanto en contratacións, obras e suministro.
4º.- A nosa denuncia vai na liña de que a Sra. Durán, como se establece na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que no seu artigo 28.2.b) onde expón claramente que “se abstendrá de intervenir en el procedimiento cuando tengan parentesco de consanguinidad dentro del cuarto grado..” a Sra. Durán non pode participar na aprobación destes gastos ó tratarse dun familiar directo o beneficiado destas contratacións. O Sr Barcia di que Sra. Durán non participou nestas contratacións, minte unha vez máis, nós temos no noso poder, porque foron solicitadas, 26 facturas avaladas e asinadas pola Sra. Durán no ano 2012. Xa que o Sr Barcia se empeña en dicir que isto non é verdade teremos que solicitar as de 2011, que as de 2011 non foron solicitadas, para comprobar se estes xeitos de actuar son as habituais deste equipo de “desgoberno”, que por outra parte, temos claro de que así é, neste caso e noutros que xa temos denunciado con anterioridade.
5º.- O Sr. Barcia di que nos reta a que presentemos unha reprobación á Sra. Durán, e dende o PSdG-PSOE de Burela agradecemos o ofrecemento, e imos a valorar esta posibilidade. Pero si non lle importa ó Sr. Barcia, esta decisión vai a tomala o PSdG-PSOE de Burela e non vai a ser el o que nos diga o que temos ou non temos que facer con respecto a este asunto. O único que esperamos é, que si non ten pensado abrirlle o expediente disciplinario á Sra. Durán polas irregularidades feitas, só lle queda pedirlle a súa dimisión e propoñer a súa substitución, en caso de non facelo farémolo a el persoalmente responsable da situación, como marca a lei. E el mesmo como máximo responsable da Corporación terá que asumir as responsabilidades que se deriven destes graves feitos.
Por último temos que manifestar sen ningún tipo de dúbidas, á vista destes feitos e de outros que xa temos denunciado, que estamos ante o peor goberno de Burela e incluímos a época en que aínda pertenciamos a Cervo, da historia tanto en xestión coma en uso dos cartos de todos os veciños e veciñas de Burela.