Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela denuncia o “mal estado” das pistas de tenis da Marosa

Unha vez chegada a época estival e a subida das temperaturas na que moitos veciños e veciñas de Burela se animan máis a facer actividade física e practican máis deporte, dende o PSdG-PSOE de Burela temos que denunciar o estado no que se atopan as pistas de tenis da Marosa.

Nestes últimos días un bo número de veciños e veciñas que practican o tenis nas pistas da Marosa veñen de darnos as queixas do mal estado en que se encontran estas pistas, solicitando que o Concello se poña de unha vez as pilas e as arranxe ante as dificultades que presentan na actualidade. Cabe recordar que para poder usar estas instalacións hai que pasar por caixa e aboar a taxa municipal que o “desgoberno” do Partido Popular de Burela decidiu no seu día aplicar para o uso de estas instalacións, entra logo dentro da lóxica, esixir que estas instalacións estean en bo estado de uso.

Outra das queixas que nos trasladan os usuarios destas instalacións é o sistema de reserva das pistas, xa que se ten dado o caso no que algún dos usuarios, e despois de facer a reserva pertinente, se atopa que ó ir a recoller a chave das pistas ás dependencias municipais non hai chave para abrir as pistas.

Estes feitos demostran unha vez máis a falla total e absoluta de interese por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular polo deporte, a non ser para sacar a foto, e non con todos, xa que temos que recordar que ó equipo de baloncesto feminino do Baloncesto Burela que logrou o ascenso de categoría non foi nin recibido por parte do Concello ó igual que se fixo con outros equipos que conseguiron éxitos deportivos, entendemos que sería porque non habería tanta foto na que saír. E dicir, se non conseguimos auto bombo nada de nada. Dito isto, esiximos que se tomen cartas no asunto e se solucionen as deficiencias denunciadas, e mentres non se solucionen estas deficiencias non se cobren as taxas. Dende o PSdG-PSOE de Burela pedimos ós responsables do Partido Popular de Burela que se deixen de tanto viaxe e excursións que non lle solucionan absolutamente nada ós veciños e veciñas de Burela, nada máis que gasto, e se centren en solucionar o día a día dos nosos veciños e veciñas e en solucionar os problemas que temos no pobo.

Comisión Executiva PSdG-PSOE Burela

Exit mobile version