Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal socialista de Cervo teme que o goberno apoie a merma dos servizos médicos tras ver as preguntas presentadas por Balseiro no Parlamento

CERVO, 18 DE XUÑO. Os socialistas de Cervo teñen a sospeita de que no vindeiro pleno extraordinario convocado para este xoves “o equipo de goberno non vote a favor da defensa da sanidade pública no noso concello”.

Neste senso, dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que “tras ler todas e cada unha das preguntas plantexadas polo señor José Manuel Balseiro no Parlamento todo parece indicar que o noso concelleiro e tamén diputado mariñán non está en contra da reorganización pensada polos responsables do Sergas e está de acordo coa idea de que estaremos mellor con tres médicos ca con catro, sen que a calidade dos servizos diminúa”.

Engaden que “ningunha das súas preguntas plantexou os problemas e inconvintes que podemos sufrir a partir de agora con esta remodelación das prestacións sanitarias nos nosos centros de saúde. Máis ben todo o contrario, todas parecían facilitar a xustificación da eliminación dunha das prazas facultativas”.

Con todo, subliñan que “ademais parécennos moi extraño que o señor Balseiro siga desaparecido e a día de hoxe non se tivera dirixido ós veciños para dar a cara ante as medidas tomadas polos seus compañeiros da Xunta de Galicia con motivo do recorte dos nosos servizos sanitarios. Os cervenses seguen esperando unha explicación e, por suposto, unha mellor solución”.

A pesar desta actitude, o vindeiro xoves no pleno, “temos a confianza de que o señor Balseiro e o resto do seu equipo atendan o clamor dos veciños e se posicionen ó seu lado, non den a calada por resposta. Esperamos que non lles pesen máis os intereses partidistas que as peticións dos usuarios dos dous centros de saúde do noso concello”.

Exit mobile version